Pagina nueva 1

Un grupo de científicos colocou cinco monos nunha xaula, e no centro colocaron
unha escaleira e, sobre ela, un montón de bananas. Cando un mono subía a
escaleira para coller as bananas, os científicos ceibábanlle un chorro de auga
fría sobre os que quedaban no chan.
Despois dalgún tempo, cando un mono ía a subir a escaleira, os outros lo
collíano e baixábano a golpes.
Pasado algún tempo máis, ningún mono subía a escaleira, a pesar da tentación das
bananas. Entón, os científicos substituíron un dos monos.
A primeira cousa que fixo foi subir a escaleira, sendo rapidamente baixado polos
outros, que lle pegaron. Despois de algunhas malleiras, o novo integrante do
grupo xa non subiu máis á escaleira.
Un segundo mono foi substituído, e sucedeu o mesmo. O primeiro substituto
participou con entusiasmo da malleira ao novato.
Un terceiro foi cambiado, e repetiuse o feito. O cuarto e, finalmente, o último
dos veteranos foi substituído.
Os científicos quedaron, entón, cun grupo de cinco monos que, aínda cando nunca
recibiron un baño de auga fría, continuaban golpeando a quen intentase chegar ás
bananas.
Se fose posible preguntar a algúns deles por qué lle pegaban a quen intentase
subir a escaleira, con certeza a resposta sería:
"Non sei, aquí as cousas sempre se fixeron así..."
¿Sóache coñecido ?
"É máis doado rachar un átomo que un prexuízo" – Albert Einstein.
|