TITULARES

O BURRO DA CAMPESIÑA

 

Un día, o burro dunha campesiña caeu nun pozo. Durante horas a campesiña trataba de averiguar o que podía facer para resover o problema.

Finalmente decidiu que o animal xa estaba vello, o pozo estaba seco, e necesitaba ser tapado de tódolos xeitos e que realmente non valía a pena sacar o burro de alí. Chamou aos veciños para que viñeran a axudala. Todos tomaron unha pala e comezaron a botar terra no pozo.

O burro decatouse do que estaba pasando e chorou desconsoladamente. Logo para la sorpresa de todos, tranquilizouse. Despois dunhas cuantas paladas de terra, a campesina finalmente mirou ao fondo do pozo e sorprendeuse do que viu: con cada palada de terra, o burro estaba facendo algo incríble... Sacudía a tierra e daba un paso cara arriba... mentres os veciños seguían botando terra enrriba do animal, el sacudíase e daba un paso cara arriba.

Pronto todo o mundo viu sorprendido como o burro chegou ata a boca do pozo, pasou por enrriba do borde e saiu trotando...

 

A vida vai a tirarche terra, todo tipo de terra... O truco para saír do pozo é sacudila e dar un paso cara arriba.

Cada un dos nosos problemas é un escalón cara arriba. Nós podemos saír dos máis profundos ocos, si nunca damos nuestro brazo a torcer na teima de querer saír.

 

"Sacúdete e dá un paso cara arriba..."

Lembra as seis regras para ser feliz:

1.     Liberar o corazón do odio

2.     Liberar a mente de preocupacións

3.     Vivir sinxelamente

4.     Dar máis

5.     Esperar menos

6.     Ter esperanza

 

      Goza a vida... ¡¡¡sacúdete!!!

 




Perlas na redeEquipo directivoCómo chegar ao IES de FENEPonte en contactoGalería de imaxes do IES de FENEBUSCADOREquipo web