TITULARES

A ASEMBLEA DAS FERRAMENTAS

 

Contan que, á media noite, houbo na carpintería una estraña asemblea. 


As ferramentas reuníranse para arranxar as diferencias que non as deixaban traballar. 


O martelo quixo exercer a presidencia da xuntanza, pero a asemblea notificoulle que tiña que renunciar: 


“Ti non podes presidir, Martelo –díxolle o portavoz da asemblea-. Fas demasiado ruído e pasas todo o tempo golpeando”. 
O Martelo aceptou a crítica, pero propuxo: 


“Se eu non presido, entón pido que sexa expulsado o Parafuso, posto que sempre hai que darlle moitas voltas para que sirva para algo”. 
O Parafuso dixo que aceptaba a súa expulsión, pero puxo unha condición: 


“Se eu marcho, expulsade tamén á Lima: é moi áspera no seu trato e sempre ten friccións cos demais”. 


A Lima dixo que non se iría a non ser que fora expulsado o Metro. Afirmou: 


“O Metro pasa todo o tempo medindo aos demais segundo a súa propia medida, como se fora o único perfecto”. 


Estando a xuntanza en tal delicado momento, apareceu inesperadamente o carpinteiro, que se puxo un mandil e iniciou o seu traballo. Utilizou o martelo, a lima, o metro e o parafuso. Traballou a madeira ata acabar un moble. Concluído o seu traballo, marchou. 


Cando a carpintería volveu a quedar a soas, a asemblea volveu á deliberación. Foi entón cando o Serrucho, que aínda non tomara a palabra, falou: 


“Señores, quedou demostrado que temos defectos pero o carpinteiro traballa coas nosas calidades; son elas as que nos fan valiosos. Así que propoño que non miremos tanto os nosos puntos febles e que nos concentremos na utilidade dos nosos puntos fortes”. 


A asemblea valorou entón que o Martelo era forte e decidido; o Parafuso unía e daba firmeza; a Lima era única para afinar e limar asperezas; e observaron que o Metro era preciso e exacto. 


Sentíronse un equipo capaz de producir mobles de calidade, orgullosos das súas fortalezas e de traballar xuntos. 
 


E ti, ¿que calidades tes?
 

 




Perlas na redeEquipo directivoCómo chegar ao IES de FENEPonte en contactoGalería de imaxes do IES de FENEBUSCADOREquipo web