O PICADOR DE PEDRA

Conta a lenda que un
humilde picador de pedra vivía resignado na súa pobreza, aínda que sempre
ansiaba o desexo de se converter nun home rico e poderoso. Un bo día expresou
en voz alta o seu desexo e cal foi a súa sorpresa cando viu que
este se fixera
realidade: convertérase nun rico mercader.
Esto fíxoo moi feliz ata
o día que coñeceu a un home aínda máis rico e poderoso ca el. Entón pediu de
novo ser así e o seu desexo foille tamén concedido. Ao pouco tempo comprobou que
debido á súa condición tíñase creado moitos inimigos e sentiu medo.
Cando viu cómo un feroz
samurai resolvía as diverxencias cos seus inimigos, pensou que o manexo
maxistral dun arte de combate garantizaríalle a paz e a indestructibilidade. Así
que quixo converterse nun respectado samurai e así foi.
Sen embargo, aínda sendo
un temido guerreiro, os seus inimigos aumentaran en número e perigosidade. Un
día sorprendeuse mirando ao sol dende a seguridade da ventá da súa casa e
pensou: "el si que é superior, xa que ninguén pode facerlle dano e sempre está
por riba de tódalas cousas. ¡ Quero ser o sol !".
Cando logrou o seu
propósito, tivo a mala sorte de que unha nube interpúxose no seu camiño
entorpecendo a súa visión e pensou que a nube era realmente poderosa e así era
como verdadeiramente lle gustaría ser.
Así, convertiuse en
nube, pero ao ver como o vento lle arrastraba coa súa forza, a desilusión foi
insoportable. Entón decidiu que quería ser vento. Cando foi vento, observou que
aínda que sopraba con gran forza a unha rocha, esta non se movía e pensou: ¡ ela
sí que é realmente forte: quero ser unha rocha ! Ao se converter en rocha
sentiuse invencible porque cría que non existía nada máis forte que
el en todo o
universo.
Pero cál foi a súa
sorpresa ao ver que apareceu un picador de pedra que tallaba a rocha e comezaba
a darlle a forma que quería pese á súa contraria vontade. Esto lle fixo
reflexionar e levouno a pensar que, en definitiva, a súa condición inicial non
era tan mala e que desexaba de novo volver a ser o picador de pedra que era nun
principio.
|