Pagina nueva 2

Era un neno con moi mal carácter. O seu pai deulle unha
bolsa de cravos e díxolle que clavara un no valado do xardín cada vez que
perdera a paciencia e tivera algunha disputa con alguén.
O primeiro día clavou 37. Pero no transcurso das semanas, aprendeu a controlarse
e o número de cravos incrustados no valado diminuiu día tras día: xa se decatara
de que era máis doado controlarse que cravar cravos na barreira.
Semanas despois foi ver ao seu pai e díxolle que durante ese día non cravara
ningún cravo. O seu pai díxole entón que quitara un cravo do valado por cada día
que non perdera a paciencia.
Os días pasaron e finalmente o neno puido dicirlle ao seu pai que xa sacara
tódolos cravos. O pai levou ao seu fillo ao valado e díxolle:
- "Fillo, portácheste moi ben, pero mira tódolos ocos que hai na madeira. Non
será endexamais como era antes. Cuando pelexas con alguén e lle dis algo que o
fiere ou maltrata, cáusaslle unha ferida como ésta."
Unha ferida verbal fai tanto dano como unha ferida física.
|