Pagina nueva 2

Unha mañá de verán
paseaba un jaguar pola selva. O sol estaba acadando o seu cénit e a selva
palpitaba chea de vida e exhuberancia. Os sons dos paxaros mesturábanse co
chapoteo da cascada e o alarido burlón dos monos trepadores.
O jaguar movíase con elegancia, deleitándose en cada paso que daba, consciente
da súa imponente presencia e poder. Tras camiñar varios kilómetros sentiu sede,
e decidiu acercarse a unha charca para beber.
Mentres se achegaba, divisou xunto á beira a unha suculenta iguana, que
repousaba prácidamente exposta ao sol do mediodía. Ao vela lembrou que
xa había tempo que non comía, e que sería moi sinxelo converter
á incauta iguana no seu aperitivo.
Coa habilidade innata do cazador felino, o seu paso fíxose cada vez máis preciso
e silencioso, tódolos seus sentidos enfocados na súa presa, que parecía
completamente allea ao perigo que se achegaba a ella.
Cando estaba a punto de abalanzarse sobre a iguana, escoitou un siseo sibilante,
case un susurro, saíndo da gorxa do reptil:
- Se me escoitas, alegraraste.
Era a primeira vez que unha iguana lle falaba, así que polo momento a
curiosidade puido máis que o seu apetito.
- ¿Qué tes que dicir, iguana? Pero date prisa, que as miñas tripas roxen ao
mirarte -
A iguana apenas se moveu. O sol cravaba as súas garras de lume na pel verdosa da
selva.
- Teño unha adivinanza para ti. Se o resolves, poderás comerme. Se non, deixarás
que siga tomando o sol.
O jaguar respondeu:
- ¿E qué gaño eu con iso, se fácilmente podería atraparte agora mesmo sen
resolver ningunha adiviñanza?
A iguana tomou o seu tempo para responder.
- É verdade o que dis, pero tómao como un reto. Para alguén tan poderoso coma
ti, debe resultar demasiado fácil cazar canto che apeteza.
- Tes razón – dixo satisfeito o jaguar, cuia curiosidade estaba sendo incitada
pola ousadía da iguana - a miña axilidade e maestría na arte da caza non teñen
parangón.
Mentres o jaguar falaba das súas habilidades a iguana foi, pouco a pouco, case
imperceptiblmente, movéndose cara á charca, ata que finalmente escabulliuse.
Ao ouvir o chapoteo da agua, o jaguar decatouse enfurecido da astuta trampa do
reptil. Pero era xa demasiado tarde.
Cuando se atopaba lonxe do alcance do jaguar, a iguana suspirou aliviada:
- Ufff, por pouco...sorte que o jaguar creíase mellor ca min.
E megrullándose novamente alonxouse
en busca de una beira tranquila
|