Pagina nueva 1

Un
grupo de sabios xudeus
reuniuse para tentar crear a menor Constitución do mundo. Se algún deles era
capaz de definir, no tempo que necesita unha persoa para manterse en equilibrio
cun un só pé, as leis que deben rexir o comportamento humano, sería considerado
o máis sabio de tódolos sabios.
-
Deus castiga aos criminais - dixo un.
Os outros argumentaron que iso non era unha lei, senón unha ameaza, e a
frase non foi aceptada.
- Deus é amor - comentou outro.
Novamente os sabios non aceptaron a frase, dicindo que non aclaraba ben os
deberes da humanidade.
Naquel intre aproximouse o rabino Hillel e, sosténdose nun só pé, dixo:
- Non fagas aos demais o que non soportarías que che fixeran a ti. Esta é
la Lei. Todo o demais é comentario xurídico.
E
o rabino Hillel foi considerado o maior sabio do seu tempo.
|