Pagina nueva 2

Unha filla
queixábase ao seu pai acerca da súa vida e cómo as cousas lle resultaban tan
difíciles. Non sabía como facer para seguir adiante e cría que se daría por
vencida. Estaba cansada de loitar. Parecía que cando solucionaba un problema,
aparecía outro
O seu pai, un
chef de cociña, levouna ao seu lugar de traballo.
Alí encheu tres olas con auga e
colocounas sobre o lume. Pronto a auga das tres olas estaba fervendo.
Nunha colocou
cenouras, na outra colocou ovos e na última colocou grans de café. Deixounas
ferver sen dicir palabra. A moza esperou impacentemente, preguntándose que
estaría facendo o seu pai. Aos vinte minutos o pai apagou o lume.
Sacou as
cenouras e colocounas nunca cunca. Sacou os ovos e colocounos noutro prato. Ao
remate, colou o café e púxoo nunha xerra. Mirando á súa filla díxolle: "Querida
" ¿qué ves?"
- Cenouras,
ovos e café- foi a súa resposta.
Fixo que se
achegara e pediulle que tocara as cenouras, ela fíxoo e notou que estaban
brandas.
Logo pediulle
que tomara o ovo e que o rompera. Despois de sacarlle la casca, observou o ovo
duro. Logo pediulle que probara o café. Ela sorriu mentres disfrutaba do seu
agradable aroma. Humildemente a filla preguntou:
- ¿Que significa
esto, pai?
El explicoulle
que os tres elementos enfrontaran a mesma adversidade: a auga fervendo, pero
tiñan reaccionado de forma diferente:
A cenoura
chegou á auga forte, dura, soberbia; pero despois de pasar pola auga fervendo
puxérase feble, fácil de desfacer
O ovo chegara
á auga fráxil, a súa delgada casca protexía o seu interior líquido; pero despois
de estar na auga fervendo, o seu interior endurecérase.
Os grans de café,
sen embargo eran únicos: despois de estar en auga fervendo, tiñan cambiado á
auga.
- ¿Cal es ti,
filla? - Díxolle. - Cando a adversidade chama á túa porta; ¿cómo respondes?
¿Eres unha cenoura que parece forte, pero cando a adversidade e a dor che tocan,
vólveste feble e perdes a túa fortaleza?
- ¿Es un ovo, que
comeza cun corazón maleable e un espírito fluido, pero que después dunha morte,
unha separación, un despido, unha pedra no camiño vólvese duro e ríxido? Por
fora veste igual, pero ¿es amargada e áspera, cun espírito e un corazón
endurecido?
- ¿Ou es coma un
gran de café? O café cambia
á auga fervendo, o elemento que lle causa dor. Cando a agua chega ao punto de
ebulición o café acada o seu mellor sabor
Se es coma o
gran de café, cando as cousas se poñen mal, ti reaccionas en forma positiva, sen
deixarte vencer e fas que as cousas ao teu arredor melloren, que ante a
adversidade exista sempre unha luz que ilumina o teu camino e o da xente que te
rodea.
"POR ISO NON
DEIXES XAMAIS DE ESPARCIR COA TÚA FORZA E ACTITUDE O "DOCE AROMA DO CAFÉ".
|