TITULARES

Diálogo entre o Querer e o Amor

 

 

O Querer dicíalle ao Amor.


-- ¿Por qué es tan eterno?.


E o Amor con gran paciencia respondeu:


-- Quizás sexa porque non posúo nada.


-- Iso é imposible, - exclamou o Querer - posúes tódalas  cousas, coma min ¿Acaso non somos o mesmo ser?.


-- ¿Tí cres? Pois dime ¿Qué é o que tí posúes? Respondeu o Amor.


-- O amante que posúe ao ser amado, o político que posúe o poder, o relixioso que posúe a fe, eu posúo todo aquelo que quero –dixo o Querer-.


O vello Amor díxolle:


--Ves, ti mesmo respóndeste, eu cando amo non posúo ao obxecto amado. Eu amo a unha bolboreta en vó, amo unha flor co seu tempo contado, e amo ao home que na súa vida se asemella ao vó dunha bolboreta, e ao tempo contado dunha flor....


Moi exaltado o Querer exclamou.


-- ¡¡Iso é unha QUIMERA!!.


Na súa inesgotable paciencia o Amor respóndelle.


-- O mundo é unha QUIMERA. ¿Que cres que son eu?.




Perlas na redeEquipo directivoCómo chegar ao IES de FENEPonte en contactoGalería de imaxes do IES de FENEBUSCADOREquipo web