Pagina nueva 1

O día de Nadal, a
familia enteira reuniu arredor da árbore e comezou a abrir os agasallos. A nena,
contenta, deulle unha caixa ao pai.
—Isto é para ti,
con todo o meu amor.
O pai, orgulloso,
abriu a caixa, pero estaba baleira. Co maior cariño, díxolle á súa filla:
—Miña nena, sei
que tes a mellor das intencións, pero a vida ha de ensinarche que non podemos
dar algo que non existe, por moi ben envolto que estea e por moito cariño con
que o entreguemos. Creo que te esqueciches de poñer algo aquí dentro.
—¿Pero é que non o
ves?
—Non vexo nada,
filla.
— ¡Pois pasei unha
tarde enteira enchéndoa de bicos!
Os ollos do pai
enchéronse de bágoas,
— ¡É verdade!
¡Moitas grazas, filla, por un agasallo tan bonito!
E durante o resto
da súa vida, sempre que se sentía deprimido ou descorazoado, o pai abría a
caixa, sacaba un bico que a súa filla puxera alí, e volvía a ter o valor
suficiente para enfrontar os seus retos.
|