
Un mestre preguntou aos seus alumnos:
¿Por que a xente grita cando está enfadada?
Estes pensaron un intre: Porque perdemos a calma, por
iso
gritamos.
Pero ¿por qué gritar cando a outra persoa está ao teu carón? ¿Non é posible
falarlle en voz baixa?, ¿Por qué gritas a unha persoa cando estás alterado?
Os alumnos deron outras respostas pero ningunha o satisfacía.
Finalmente explicoulles:
- Cando dúas persoas están alporizadas, os seus corazóns afástanse moito. Para
cubrir esa distancia gritan para poder escoitarse. Mentres máis enoxados estean,
máis forte terán que gritar para escoitarse a través desa gran distancia.
- ¿Qué sucede cando dúas persoas se namoran?, eles non se gritan senón que se
falan suavemente, ¿por qué? Os seus corazóns están moi preto. A distancia entre
eles é moi pequena.
- Cando se namoran máis aínda, ¿qué sucede? Non falan, só susurran e vólvense
aínda máis perto no seu amor. Finalmente non necesitan nin susurrar, só se miran
e iso é todo. Así é o cerca están dúas persoas cando se aman.
Os alumnos contestaron:
- Debe ser que senten medo de afastarse máis.
Logo, o mestre dixo:
-Cando discutan non deixen que os seus corazóns se afasten, non digan
palabras que os distancien máis; pois un día a distancia será tanta que retomar
o camiño de regreso resultará moi dificultoso.
Asegúrate de que o outro queira escoitar e fálalle dende o teu corazón. A
responsabilidade no grito é compartida. Por máis que grites, se o outro non
quere escoitar, non poderedes comunicarvos. Aforra os gritos. Hai moitas outras
formas de achegarnos e comunicar.
|