TITULARES

Pagina nueva 1

 

No reino de Arabia vivía unha raíña chamada Layla. A súa sabedoría iluminaba á terra como o sol, a súa beleza era cegadora e a súa riqueza era maior que a de calquera outro soberano. Certa mañá, o seu  principal conselleiro solicitou unha audiencia e comentoulle:

-¡Gran raíña Layla! Sodes a máis sabia, a máis fermosa e a máis rica muller do mundo. Pero eu teño  escoitado cousas que non me gustan, certas persoas búrlanse ou protestan das vosas decisións. ¿Por qué, a pesar de todo o que  tedes feito polos vosos súbditos, aínda non están contentos?

A raíña sorriu e respondeu:

-Meu fiel conselleiro, ti sabes todo o que eu teño feito polo meu reino. Sete rexions están baixo o meu control, e todas elas experimentan paz e prosperidade. En tódalas cidades, as decisións da miña corte son xustas e inspiradas. Eu podo facer case todo o que quero. Podo ordear que se pechen as fronteiras, que se clausuren os portóns do pazo e que a caixa do tesouro quede selado por tempo indefinido. Pero existe unha cousa que eu non podo facer: mandar calar ao pobo. Non se trata de escoitar o que certas persoas din de falso: o importante é continuar facendo o que eu considero correcto e auténtico.




Perlas na redeEquipo directivoCómo chegar ao IES de FENEPonte en contactoGalería de imaxes do IES de FENEBUSCADOREquipo web