AS TRES PORTAS
  
" Un xove discípulo dixo a un sabio filósofo:
- Mestre, un
amigo teu estivo falando mal de ti.
-
Espera - interrumpiu o filósofo- ¿fixeches pasar polas tres portas o que vas
a contarme?.
-
¿Tres portas, mestre?
Sí, a primeira é a " verdade", ¿estás seguro que é totalmente certo o que vas
dicirme?.
- Non, oín comentalo a uns veciños.
- Polo menos teralo feito pasar pola segunda porta, "a bondade". O que queres
dicirme, ¿é bo para alguén?
- Non, ao contrario.
- E a derradeira porta é "a necesidade"¿é necesario que eu saiba o que queres
contarme?
- Non é necesario.
Entonces dixo o
sabio sorrindo:
- Se non é verdadeiro, nin bo, nin necesario, o mellor será esquecelo para
sempre.
¡Que bo sería pensar sempre nas tres portas antes de falar!
|