TITULARES

A carreta baleira

 

 

 

Camiñaba co meu pai cando él se detivo nunha curva e despois dun  pequeno silencio preguntoume: "además do cantar dos paxaros, escoitas algunha cousa máis?".

 

Agucei os meus ouvidos e algúns segundos despois respondínlle:

 

"Estou escoitando o ruido dunha carreta."

 

"Iso é" - dixo o meu pai - "É unha carreta baleira."

 

Pregunteille ao meu pai: "Cómo sabes que é unha carreta baleira, se aínda non a vemos?"

 

Entón o meu pai respondeu: "É moi doado saber cando unha carreta está baleira, polo seu ruido. Canto máis baleira estea a carreta, maior é o ruido que fai".

 

Convertinme en adulto e ata hoxe cando vexo a unha persoa falando demasiado, interrompindo as conversacións, sendo inoportuna ou violenta, presumindo do que ten, sentindose prepotente e facendo de menos á xente, teño a impresión de oír a voz do meu padre dicindo: "Canto máis baleira a carreta, maior é o ruido que fai".

 

A humildade consiste en calar as nosas virtudes e permitirle aos demais descubrilas.

 

Lembrade que existen persoas tan pobres que o único que teñen é diñeiro. Ninguén está máis baleiro, que quenes están cheos de egoísmo dun suposto Eu Mesmo/a.




Perlas na redeEquipo directivoCómo chegar ao IES de FENEPonte en contactoGalería de imaxes do IES de FENEBUSCADOREquipo web