Pagina nueva 1

Un home que tiña un grave problema de
miopía considerábase un experto en avaliación de arte. Un día visitou un museo
con algúns amigos. Esqueceu os lentes na casa e non podía ver os cadros con
claridade, pero iso non o detiña á hora de ventilar as súas fortes opinións.
Tan pronto entraron á galería, comezou
a criticar as diferentes pinturas. Ao deterse ante o que pensaba era un retrato
de corpo enteiro, empezou a criticalo. Con aire de superioridade dixo: "O marco
é completamente inadecuado para o cadro. O home está vestido dun xeito moi
ordinario e esfarrapado. En realidade, o artista cometeu un erro imperdoable ao
seleccionar un suxeito tan vulgar e sucio para o seu retrato. É unha falta de
respecto".
O home seguiu o co seu discurso sen
parar ata que a súa esposa logrou chegar ata el entre a multitude e apartouno
discretamente para dicirlle en voz baixa: "Querido - estás a mirar un espello!!!.
Moitas veces as nosas propias
faltas, esas que tardamos en recoñecer e admitir, parecen moi grandes cando as
vemos nos demais. Debemos mirarnos no espello máis a miúdo, observarnos ben para
detectalas, e ter o valor moral de corrixilas; é máis doado de negalas que
recoñecelas. Por iso é necesario deixar a un lado o orgullo pois so con
humildade poderemos ver os nosos defectos e corrixilos.
|