Pagina nueva 2

Unha tartaruga e un par de garzas fixeran unha bonita amizade. Tanto a unha
como as outras habitaban nas proximidades dun lago nas augas do cal adoitaban
saciar a súa sede.
Máis occorreu que houbo un ano de poucas chuvias e o lago, lenta pero
inexorablemente, foise secando ata converterse nun deserto.
Alí non había forma de sobrevivir e era necesario tomar unha determinación
urxente. As garzas decidiron emigrar a zonas máis húmidas, onde fose posible
sobrevivir, pero entón a tartaruga comezou a lamentarse entre saloucos:
- ¡ Como vós tedes ás podedes ir! Pero, ¿que será de min,
desgraciada? Morrerei de sede ¡ Que morte tan espantosa!
As garzas tiñan un corazón moi compasivo e apiadáronse da súa amiga. Algo había
que facer por ela.
Durante toda a noite estiveron sumidas na reflexión, tratando de achar unha
solución satisfactoria.
Por fin atopárona e sentíronse moi felices. Cada unha delas sostería co pico os
extremos dun longo pau
no
que se habería de colgar a tartaruga coa boca.
Así migrarían ás rexións húmidas ¡ Unha excelente idea!
Ao amenecer, o inmenso disco do sol tinguiu
o ceo cos seus raios dourados. Era o momento de partir. As garzas colleron o pau
cos seus picos e a tartaruga prendeuse a este cravando os seus dentes nel.
Enseguida remontaron o voo cara ao luminoso horizonte. Percorreron unha longa
distancia.
Ao pasar polos pobos, a xente, embelesada ao contemplala, exclamaba:
- ¡ Mirade, amigos, mirade! ¡ Que tartaruga tan intelixente! Aférrase ao
pau cos dentes e así pode voar como unha ave.
Cada vez que pasaban por unha localidade e as xentes eloxiaban a súa habilidade,
a tartaruga sentíase encantada e moi afagada. Aqueles eloxios enchíana de
satisfacción e rexouba.
Pero de súpeto, as tres compañeiras voaron sobre unha aldea e as xentes do lugar
dixeron:
- ¡ Mirade, mirade a esas garzas tan intelixentes! Vede que listas, e como levan
un pau para que esa tartaruga poida viaxar con elas! E ademais, ¡ qué ben voan e
que belas son!
A tartaruga, ao advertir que esta vez non recibía ningún eloxio, sentiuse
ferida no seu orgullo e dixo:
- ¡ Idiotas! ¿Que saberedes vós, estúpidos aldeáns?
Naturalmente, precipitouse ao baleiro e morreu.
|