Pagina nueva 1

O día era espléndido, tranquilo e luminoso. Unha ostra abriu a súa cuncha e
dispúxose a gozar placidamente dos raios solares ¡Qué agradable era sentir o sol
na súa carne! Pero non é raro que o pracer sexa o preludio da dor, como nesta
ocasión, porque pasou por alí unha grulla e lanzou o seu afiado pico contra a
súa carne para comela. Ao sentir o picotazo, de maneira automática e veloz, o
molusco pechou as súas valvas e retivo entre elas o pico da ave. Agora ben: nin
a ostra podía cerrar totalmente as súas valvas nin a grulla podía retirar o seu
pico. Ambas estaban atrapadas. En tanto a grulla non quería soltar a súa presa,
a ostra tampouco tiña intencións de soltar a súa agresora. Entonces empezaron a
discutir entre elas. A grulla dixo:
- Se non me soltas, xa sabes o que che espera. Vas morrer por falta de auga.
E a ostra replicou:
- E ti morrerás de fame.
Durante horas e horas, a ostra e a grulla seguiron discutindo sen que ningunha
cedese ás razóns da outra. Pasou entón por alí un pescador e contemplou a
pechada discusión que entaboaban os dous animais. Sen podelo evitar, comezou a
rir a gargalladas. Logo meteunas no seu zurrón, levounas á casa e botounas
á
pota
para cociñalas, mentres elas, sen advertir o que
pasara,
seguían discutindo a gritos.
|