Pagina nueva 1

Un artista contemporáneo pintou un cadro que amosa a Cristo nun
xardín á medianoite: na súa man esquerda sostén unha lámpada mentres que coa
dereita está chamando a unha pesada porta.
O día no que se amosaba esta obra por primeira vez atopábanse
presentes varios críticos de arte. Cando se descubriu a cortiniña, un dos
especialistas achegouse ao artista para lle dicir:
-
Señor Hunt, ¿por que
non rematou a obra?
-
Está rematada.
-
Pero se non hai pomo
nesa porta.
-
Eso -dixo o artista- é
a porta do corazón humano, e só pode ser aberta dende dentro.
|