A serpe e os nenos

Había unha serpe que aterrorizaba ós nenos da aldea cada vez que saían a xogar.
Os anciáns foron falar con ela para pedirlle que non mordera ós nenos. A serpe
accedeu, e durante varias semanas, as cousas andaban
ben. Os nenos gozaban xogando ó aire libre e, día tras día volvían á casa
felices, sans e salvos.
Entón os anciáns foron a darlle as gracias á serpe, pero atopábana atada en nós
e chea de negróns. Cando lle preguntaron o que lle pasara, a serpe contestou:
-
“Vaia, vos dixéstesme que deixara de morder ós nenos”.
-
“É
verdade –respondéronlle– ,dixémosche que deixaras de morderlles, pero non que
deixaras de asubiarlles”.
|