A Tarefa

A tarefa a desenvolver polo alumnado baséase inicialmente na resolución dun Cuestionario de Traballo individual sobre a vida e obra de Xosé María Álvarez Blázquez.

Para atopar as respostas visitaranse as páxinas Web que se reseñan nesta Webquest, polo que esta actividade se desenvolverá na Aula de Informática onde o alumnado disporá dun ordenador para cada un.

Posteriormente formaranse pequenos grupos nos que poñerán en común as respostas acadadas. Logo, cada grupo elaborará unha pequena presentación de diapositivas en “powerpoint”, para o que o profesorado lles facilitará, a modo de guía, unha plantilla. Os contidos expostos así como a súa redacción deberán resultar claros e fácilmente entendibles para o resto do alumnado. As diferentes presentacións elaboradas sobre a figura de Álvarez Blázquez serán expostas ao resto da clase e poderanse publicar nos Blogs das Bibliotecas Biblioafonso e O Segrel do Penedo

Para levar a cabo esta actividade, deberá contarse coa debida coordinación doutros Departamentos do Centro; ademais do citado de Tecnoloxía-Informática participarán, alomenos, os de Lingua Galega e Xeografía e Historia-Ciencias Sociais, que desenvolverán a súa actividade dentro do seu horario.

Esta actividade está aberta á participación doutras disciplinas ou órganos internos do Centro, entre eles do Equipo de Normalización Lingüística. 

Para desenvolver esta actividade será preciso que o alumnado adquira previamente unha serie de destrezas básicas tales como:

  • A navegación por Internet.

  • O manexo dun software básico (procesador de textos e de presentacións en "Powerpoint").

  • Gardar e almacenar información.

Return to the Beginning