3.- O PROCESO

Os alumnos e as alumnas principiarán o percorrido por esta WebQuest nos respectivos ordenadores da Aula de Informática. Accederán primeiro a un Cuestionario de Traballo que deberán respostar utilizando as páxinas Web que se indican. Tamén poderán buscar información noutras fontes documentais, tales como enciclopedias e dicionarios, artigos periodísticos e revistas, etc, ou nos fondos documentais existentes na Biblioteca do centro.

Sinalamos deseguido un pequeno índice de contido do citado Cuestionario de Traballo:

a.- O Día das Letras Galegas

b.- A Real Academia da Lingua Galega

c.- A biografía de Uxío Novoneyra

d.- A súa obra

e.- A Galicia da súa época

CUESTIONARIO DE TRABALLO

a.- O Día das Letras Galegas

         1.- Por que foi elixido o  17 de Maio para conmemorar o Días das Letras Galegas?

 

2.- Que organismo é  o encargado de designar os escritores ou escritoras de cada ano?

 

b.- A Real Academia da Lingua Galega

3.- Sinala en que ano se fundou a Real Academia Galega e que fins persegue

 

c.- Biografía de Uxío Novoneyra

         4.- Indica o ano e lugar de nacemento así como do seu pasamento.

 

5.- Sinala o nome doutra poeta que tamén viviu no Courel.

 

6.- Cal era a ideoloxía política de Uxío Novoneyra? 

 

7.- En que localidades residiu principalmente?

 

 

8.- Que profesións tivo?

 

 

9.- Que relación tivo coa Asociación de Escritores en Lingua Galega? 

 

 

10.- Foi membro da Real Academia da Lingua Galega? En que ano ingresou?

 

 

d.- A súa obra.

         11.- Enumera os títulos  das súas obras e indica o ano de publicación.

 

 

12.- Sinala a temática principal das súas obras.

 

 

        13.- Le varios poemas e selecciona o que máis te guste.

 

 

  

        14.- Localiza nos seus poemas varios topónimos do Courel e sitúaos no Google Maps ou no Google Earth, logo fai unha captura de pantalla e pona no teu documento.

 

  

 

        15.- Escoita algún dos poemas recitados por Novoneyra e fai unha valoración do mesmo como "dicidor".

 

 

e.- A Galicia da época

         16.- Investiga e ordena a cronoloxía das seguintes etapas históricas:

-          Reinado de Afonso XIII e Ditadura de Primo de Rivera

-          Franquismo

-          II República

-          Transición Política e Monarquía Constitucional de 1978.

 

        17.- Como repercutiu a Guerra Civil e o Franquismo na súa vida?

 

        18.- Traza un eixo cronolóxico e sitúa as etapas históricas e os feitos principais citados nas preguntas anteriores.

 

ETAPAS HISTÓRICAS

Ano de nacemento                                                                                                   

Ano da morte do  autor                                                                                                                                                                                               

BIOGRAFÍA DO AUTOR

         19.- Copia dúas imaxes sobre dito autor.

 

 

 

 

        20.- Copia dúas fotos dalgúns lugares dos que fale na súa poesía.

 

 

 

 

 

        21.- Investiga que obras de Uxío Novoneyra, ou que escriban sobre el, hai na Biblioteca do Centro e sinala o seu título, editorial, lugar e ano de publicación.

 

 

 

 

 

 

Return to the Beginning