GUÍA PARA O PROFESORADO

MATERIAS: Departamentos de Tecnoloxía-Informática, Lingua e Literatura Galega e Xeografía e Historia-Ciencias Sociais….

Obxectivos:

-          Afondar no coñecemento da vida e obra de Uxío Novoneyra

-          Empregar as TICs para procesar información e elaborar documentos ou conclusións finais sobre dito autor.

-          Aprender a traballar dun xeito cooperativo: propiciar a responsabilidade individual e do grupo para a consecución duns obxectivos comúns.

-          Fomentar o deseño coidado nas presentacións de traballos baixo diferentes soportes e formatos.

 Temporalización:

Estímase para a realización das actividades desta WebQuest un total de 4-5 sesións, aínda que estas poderían flexibilizarse. 

Unha distribución podería ser a seguinte: 

-          Presentación e explicación das actividades a desenvolver: 1/2 sesión.

-          Busca e resposta individual aos cuestionarios propostos: 2 sesións.

-          Posta en común en grupo sobre as respostas acadadas: 1 sesión

-          Exposición das presentacións elaboradas: 1 sesión

Return to the Beginning