2.- A TAREFA

A tarefa a desenvolver polo alumnado basearase inicialmente na resolución dun Cuestionario de Traballo individual, sobre a vida e obra de Uxío Novoneyra.

Para atopar as respostas deberanse visitar diversas páxinas Web, as cales se indican convenientemente nesta WebQuest.

Será preciso pois que esta actividade se desenvolva na Aula de Informática, e ademais que cada alumno ou alumna dispoña dun ordenador.  

Posteriormente o alumnado formará pequenos grupos, nos cales porán en común as respostas recadadas. Logo cada grupo elaborará un pequeno documento. Os contidos expostos neles así como a redacción deberá resultar clara e facilmente entendible para o resto dos compañeiros e compañeiras. Os diferentes documentos elaborados sobre a figura do poeta do Courel serán expostos ao resto da clase.

Como xa queda dito esta actividade deberá desenvolverse na Aula de Informática, pero deberá contar asimesmo coa debida coordinación doutros Departamentos do Centro: ademais do citado de Tecnoloxía-Informática participarán alomenos os de Lingua Galega e Xeografía e Historia-Ciencias Sociais, que desenvolverán a súa actividade dentro do seu horario, e que tamén, por suposto, estará aberto á participación doutras disciplinas ou órganos internos do Centro, e entre eles o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística. 

Será preciso que o alumnado adquira previamente unha serie de destrezas básicas para desenvolver esta actividade, tales como:

  • A navegación por Internet.

  • O manexo dun software básico (procesador de textos e de presentacións de diapositivas en ”powerpoint”) como os que podemos atopar no paquete de Microsoft Office ou no OpenOffice.

  • Saber gardar e almacenar información.

 

 

Return to the Beginning