TITULARES

Pagina nueva 2

CÓMO PAN KU FORMOU O MUNDO

Lenda chinesa

En épocas inmemoriais non existían o ceo nin a terra. O universo era unha nebulosa caótica e embrionaria de forma parecida á dun gran ovo. Alí, durmía, apracible e tranquilo, un xigante chamado Pan Ku.

Ao cabo de dezaoito mil anos, o xigante espertouse. Encolerizado porque aos eu arredor só reinaban as tebras, sacudiu os seus brazos, vigorosos coma o ferro, para apartalas. Produciuse unha explosión enxordecedora e o gran ovo estalou de improviso. A nebulosa caótica e primitiva, que tiña permanecido concentrada nun só lugar durante varios centos de miles de anos, comezou a xirar convulsivamente. As materias lixeiras erguéronse vertixinosamente, dispersándose para formar o ceo azul, mentres que as pesadas comezaron a precipitarse dando orixe á terra. Pan Ku, relaxado e alegre, exhalou un suspiro mentres se afirmaba entre o ceo e a terra.

A pesar de que o ceo e a terra se tiñan separado, Pan Ku, preocupado por se se volvían a unir, resolveu soster ao primeiro coas mans e fixo progresar a súa  talla vertixinosamente. Creceu diariamente 3’3 metros, separándose a este mesmo ritmo o ceo e a terra. Despois, transcorreron outros dezaoito mil anos, o ceo alcanzou maior altura e a terra solidificouse. Pola súa parte, Pan Ku chegou a ter unha estatura de corenta e cinco mil quilómetros, e, apoiando os seu pes sobre a terra, sostivo o ceo coa cabeza: era digno do nome de xigante.

O mundo se formouse  gracias aos poderes máxicos que posuía Pan Ku e, debido ao seu esforzo, o ceo xamais volveu a fusionarse coa terra. as tebras e o caos disipáronse para sempre, pero Pan Ku esgotou tódalas súas enerxías e morreu extenuado pouco máis tarde.

Pan Ku aspiraba a crear un mundo belo e resplandecente onde coexistiran o sol e a lúa, as montañas e os ríos, e tódalas especies. Pero morreu sen poder plasmar este grandioso obxectivo.

Sen embargo, no intre mesmo de morrer, o seu corpo sufriu unha metamorfose repentina, dando orixe a todo o que nos rodea:

Do seu alento naceron o vento primaveral e as neves que nutrían aos seres; a súa voz converteuse no trono enxordecedor.

O seu  ollo esquerdo transformouse no sol brillante e o dereito, na fermosa lúa; os seus cabelos e a barba deron orixe ás incontables estrelas.

As súas catro extremidades e o tronco deron principio a os catro puntos cardinais e ás cinco grandes montañas sagradas.

Do seu sangue brotaron enormes e tumultuosos ríos e os seus tendóns  transmutáronse en amplos camiños dispostos en tódalas direccións.

Os seus músculos convertéronse en terras fértiles; e os dentes, os osos e a medula dos seus osos, no branco xade e nas infinitas reservas minerais.

O froito dos seus pelos foron as plantas, a herba e as árbores, e o do seu suor, a chuvia e o orballo.

Todo o que existe, pois, procede de Pan Ku.

 




Perlas na redeEquipo directivoCómo chegar ao IES de FENEPonte en contactoGalería de imaxes do IES de FENEBUSCADOREquipo web