TITULARES

Pagina nueva 1

 

 

 

O Grupo Natura e os responsables da Biblioteca do IES de Fene, tendo en conta que este ano se conmemora o 4º centenario da publicación do Quixote, convocan o 1º concurso de reciclado que se rexerá polas seguintes

BASES

1-       Poderá participar todo o alumnado deste centro, que poderá entregar cantos traballos estime convenientes.

2-       Os traballos estarán relacionados coa obra do Quixote e para a súa realización só se poderán utilizar materiais de refugallo ou reciclado, tales como cartóns de líquidos, latas, botes, botellas plásticas, etc.

3-       Os traballos entregaranse na conserxería do edificio B.  Poderán ser elaborados de forma individual ou colectiva (grupos non superiores a tres persoas) e deberán ir acompañados dun sobre pechado que será o único lugar no que constarán os dados identificativos dos/as autores do traballo.

4-       O Xurado estará composto por unha comisión nomeada por este colectivo que dictaminará sobre o mesmo de xeito inapelable, podendo declarar os premios desertos, así como tendo facultade para modificar algún punto destas bases en función de circunstanciais  especiais.

5-       Os traballos premiados quedarán en posesión deste colectivo que poderá utilizalos cando e como quixer.

6-       Establécese un único premio para o mellor traballo, aínda que o xuri poderá conceder premios a maiores no caso de que estime que a calidade dos traballos así o merecen.

7-       Os premios consistirán en material cultural e/ou deportivo escollido polo propio gañador/a, en función dos presupostos do Centro.

8-       O prazo para entregar os traballos ao Xurado remata o venres día 6 de maio. O resultado darase a coñecer persoalmente aos premiados e nos tabolerios do Centro.

9-       Cos traballos escollidos poderá facerse unha exposición pública.

10-  A participación no concurso supón a aceptación destas bases.

 




Perlas na redeEquipo directivoCómo chegar ao IES de FENEPonte en contactoGalería de imaxes do IES de FENEBUSCADOREquipo web