TITULARES

Nunca máis violencia contra as mulleres

Contando ovellas vía satélite

Estaba un home dando de pastar ao seu rabaño de  ovellas, cando  de  súpeto  aparece polo inhóspito camiño unha camioneta  Navigator 4x4 full  size  e  0  km.

 Detense fronte ao vello e baixa un  mozo de non máis de 30  anos.

 Traxe negro, camisa branca "Hugo Boss" e  zapatos "DKNY"; acércase ao vello  e dille:

 "Señor se eu lle adiviño cántas ovellas ten  vostede no seu rabaño,  regálame  unha?"

 O vello responde con algo de asombro:

 "Sí, cómo non."

 Entón o mozo volve ao seu 4x4 e saca unha  Toshiba Tecra 9000  Pentium  V  a 2.5Ghz con 512 MB de RAM. conéctase á Rede  de Redes, baixa  unha  base  de datos de 300 MB.

 Entra a unha páxina da NASA, mediante un  satélite identifica  a  zona  exacta de onde está o rabaño, calcula o  promedio histórico  do  tamaño  dunha ovella tipo "Merino" mediante unha táboa  dinámica de Excel e,  coa  execución de algunhas Macros personalizadas en  Visual Basic,  logra  completar  o diagrama de fluxo. Logo de tres horas respóndelle ao vello...

 "Vostede ten 1347 ovellas,256 machos e 1091 son  femias, e 4  poden  estar preñadas".

 O vello asentiu e díxolle que efectivamente,  así era, e que podía  levar unha ovella.

 O mozo tomou unha e cargouna no seu 4x4. e  estaba por irse,  cando o vello  o detivo e preguntoulle:

 "Disculpe, pero se eu chegase a adiviñar cál  é a súa profesión,  ¿vostede devólveme a miña mi ovella?

 O mozo díxolle sorrindo:

 "Seguro, home, díxolle mentres abría a porta da súa camioneta  para  marchar. O vello entón contestou:

 "Vostede é Auditor"

O mozo, sorprendido completamente, dixo:

 "¡Exacto! ¿Cómo se decatou?"

O vello respondeulle:

 "Por 4 razóns: Primeiro, por mamón; Segundo,  veu sen que eu o chamara;

 Terceiro, cobroume por dicirme algo que eu xa sabía; e Cuarto, nótase  que

 non ten nin puta idea do negocio. Devólvame o meu can"

 



O rico e o pescador / Vistas do instituto

Perlas na redeEquipo directivoCómo chegar ao IES de FENEPonte en contactoGalería de imaxes do IES de FENEBUSCADOREquipo web