Dúas ras
Dúas ras
Dúas ras saltaron dentro dun cubo de nata nunha leitería.
-
“Máis vale que nos deamos por vencidas”, croou unha delas mentres se esforzaba
en vano por saír. “estamos perdidas”.
-
“Segue nadando”, dixo a outra. “Sairemos de algunha maneira”.
-
“É inútil”, berrou a primeira. “É demasiado espeso para nadar, demasiado brando
para saltar, demasiado esvaradío para arrastrarse. Como de todas maneiras
habemos de morrer algún día, mellor que sexa esta noite”.
Así que deixou de nadar e pereceu afogada. A súa amiga seguiu nadando e nadando
sen renderse. Ao amencer atopouse sobre un bloque de manteiga que ela mesma
batera.
E alí estaba, sorrindo, comendo
as moscas que acudían en bandadas en todas direccións.
Antiga lenda
chinesa
|