TITULARES





Preme aquí para descargar as bases
Bases do Concurso [29 KB]
CONCURSO DE DESEÑO DO LOGOTIPO/ANAGRAMA/MASCOTA E NOME DO GRUPO DE MEDIO AMBIENTE DO IES FENE

Con motivo da constitución dun colectivo de medio ambiente no IES Fene, este grupo convoca un concurso de deseño que se rexerá polas seguintes

BASES

1. Poderá participar todo o alumnado deste centro.

2. Os traballos estarán relacionados co mundo do ensino e o medio ambiente e para a súa realización poderá empregarse a técnica que se estime conveniente.

3. Os traballos entregaranse na conserxería do edificio B. Poderán ser elaborados de forma individual ou colectiva (grupos non superiores a tres persoas) e deberán ir acompañados dun sobre pechado que será o único lugar no que constarán os dados identificativos dos/as autores do traballo.

4. O Xurado estará composto por unha comisión nomeada por este colectivo que dictaminará sobre o mesmo de xeito inapelable, podendo declarar os premios desertos.


5. Os traballos premiados quedarán en posesión deste colectivo que poderá utilizalos cando e como quixer.

6. Establécese 1 premio por cada unha das categorías seguintes:


***ESO.

***Bacharelato, Ciclos e adultos.


Ademais, haberá un premio especial ao traballo que se considere o idóneo para o que pretende este concurso. Este traballo pasará a ser o logotipo/anagrama identificativo deste Colectivo Didáctico Medio-Ambiental.
Os premios estableceranse a posteriori en función dos presupostos do Centro e procurarase que garden relación coa Natureza.
O prazo para entregar os traballos ao Xurado remata o mércores día 9 de marzo. O resultado darase a coñecer persoalmente aos premiados e nos tabolerios do Centro.
Cos traballos escollidos poderá facerse unha exposición pública.
A participación no concurso supón a aceptación destas bases.



Perlas na redeEquipo directivoCómo chegar ao IES de FENEPonte en contactoGalería de imaxes do IES de FENEBUSCADOREquipo web