Pagina nueva 1

Fronte a fronte, separados por un caudaloso río erguíanse dous mosteiros. Andaba
por alí un can agarimoso e simpático que, tendo gañado o afecto dos monxes, o
mesmo lle daban de comer nun ou noutro. Cando soaba a campá anunciando a hora da
comida, o can, segundo estivera nunha ou noutra beira do río ía a un ou outro
mosteiro a saciar o seu apetito.
Certo día no que animal chapoteaba no río oíu a campá do mosteiro edificado na
beira dereita e comezou a nadar cara a el. De pronto a campá do mosteiro da
ribeira esquerda empezou a tocar e, cambiando de rumbo, comezou a nadar en
dirección contraria. Mais, ambas campás non deixaban de soar e entón o can,
desorientado, ía un tramo cara a unha beira e nadaba outro tramo cara á oposta.
Estaba famento e entón comezou a reflexionar en que comida lle apetecía máis.
Pero, ó non parar de moverse, falláronlle as forzas e atopou a morte nas augas
do río.
|