TITULARES

O noso Instituto está situado na parroquia de Barallobre, nunha finca de máis de 13.500 m2 a 2,3 km. do núcleo urbano do concello de Fene na provincia de A Coruña, en Galicia.
Dista 6 km da cidade de Ferrol e 53 km da capital provincial. Emprazado nunha ladeira sobre a ría de Ferrol atópase a uns 30 m de altura sobre o nivel do mar.
O concello posúe unha importante actividade industrial (estaleiros, mecánica, alimentaria) e do sector servicios. Tamén existen actividades agropecuarias relacionadas coa viticultura, a pesca e a gandería (vacún, porcina) orientadas ó mercado comarcal. Ademais das súas pintorescas casas de mariñeiros, esta localidade posúe a igrexa de Santa María (con elementos do século XV).
O concello ten 25,93 km2 e unha poboación de 15.375 habitantes.


Perlas na redeEquipo directivoCómo chegar ao IES de FENEPonte en contactoGalería de imaxes do IES de FENEBUSCADOREquipo web