O monarca contaba cun primeiro ministro que era posuidor dunha visión moi clara
e dunha ecuanimidade sen tacha. O rei tíñalle por elo un gran aprecio e, sobre
todo, depositaba nel toda a súa confianza. Ante calquera situación imprevista, o
primeiro ministro dicía con tranquilidade: “Será para ben”. Pero certo día o
rei estaba utilizando un afiado coitelo e seccionou por completo un dedo nun
momento de descoido. O primeiro ministro estaba presente e declarou:
- Será para ben.
O monarca montou en cólera. Pero, ¿cómo ha de ser para ben perder un dedo da man
real? Estaba enfurecido. Acababa de quedar mutilado para o resto da súa vida e
aquel ministro, como se nada tivera pasado, dicíalle co maior dos sosegos que
“sería para ben”. O monarca sentiuse moi decepcionado e ordenou ao instante que
o apresaran e o conduciran a prisión.
Pero o ministro, ó oír a orde, repuxo tranquilamente:
- Será para ben.
Pasaron uns días e as tropas do reino veciños someteron ao reino do monarca
mutilado. O vencedor ordenou que se ofrecera aos deuses o corpo do monarca
destronado. Os sacerdotes ían a celebrar o sanguento sacrificio cando
descubriron que o monarca carecía de un dedo. Ningún corpo podía ser sacrificado
aos deuses se era imperfecto, e o do rei érao, así que non podía ser ofrecido en
sacrificio.
- En ese caso –ordenou o rei victorioso-, vamos a sacrificar ao primeiro
ministro. Que compareza ante min e quitádelle a vida en honor aos deuses.
Pero como a prisión do primeiro ministro estaba lonxe, as tropas vencedoras non
lograron atopalo. Unas semanas despois, un gran continxente de tropas leais ao
monarca destronado e procedentes da fronteira recuperaron o reino. O rei foi
liberado e recobrou o seu trono. Entonces comprendeu cánta razón tiña o seu
primeiro ministro. Ordenou que o deixaran en liberdade e logo díxolle:
- ¡O meu fiel amigo, canta razón tiñas! Porque perdera o meu dedo non fun
sacrificado e porque estabas en prisión, tamén ti te libraches dunha morte
segura. Seguirás sendo de por vida o meu primeiro ministro.
-
Non será posible, señor, porque vendo o inestable que é todo, decidino atopar a
estabilidade onde so é posible atopala: no meu interior.