Un tigre famento
conseguiu atrapar un raposo e dispúxose a devoralo. Disimulando o seu gran
terror, e sacando forzas de fraqueza, o raposo, nun intento desesperado por
sobrevivir, dixo:
- ¡Un momento, amigo!
¡Alto! Asegúroche que eu son o rei dos animais do bosque. Tal é o mandato do
Deus Celestial que ninguén debe nin pode desobedecer. A pesar da túa gran forza,
non podes facerme ningún dano, pois se o intentaras, el castigaríate
severamente.
- Vaia, sorprendeuse o
felino-. Xamais oíra algo semellante ¿Como podes demostrarme que de verdade es o
rei dos animais do bosque por decreto do Deus Celestial?
- Nada será máis fácil
–asegurou o raposo, aparentando moita seguridade en si mesmo-. Acompáñame a dar
un paseo polo bosque. Ségueme a curta distancia e observa como tódolos animais
foxen de min.
Arrogante, pisando
con firmeza, o raposo comezou a pasear airosamente a súa estampa, seguido a
curta distancia polo tigre. Este non puido menos que quedar perplexo ó constatar
que tódolos animais cos que se ían atopando corrían despechados ó velos.
Obviamente non temían ó raposo, senón ó tigre, pero este non advertiu cousa tan
notoria e acabou perdoando a vida ó animal, como se realmente o Deus Celestial o
protexese.
Non hai que fuxir da
vida, senón aprender a afrontala, con tódalas súas vicisitudes, tratando de
atopar os recursos cando as circunstancias o requiran. A estabilidade emocional,
o equilibrio e a madurez axudarannos a sentirnos mellor con nós mesmos, pero
tamén a estimular recursos internos en situacións difíciles e inesperadas.
Esta pequena historia ten una ensinanza e é responsabilidade de
cada quen descubrila e utilizala como propósito da propia vida. Lograr soños non
é cousa imposible, que os pensamentos que xeramos con toda vehemencia e que e
nacen do más profundo de nos, exercen unha magnífica influencia para a
realización de metas e anhelos da nosa vida exterior e interior. En certa forma,
somos o que pensamos, pois somos os arquitectos do noso propio destino.