Pagina nueva 2

O xuíz de unha localidade morreu de repente, pero como había fixada unha vista
para dous días despois facíase necesario atopar outro xuíz o antes posible. Os
habitantes da localidade pensaron en nomear a un sabio que vivía apraciblemente
nun bosque próximo, dedicado á contemplación, e que tiña fama de boa persoa.
Rogáronlle que asumira o posto de xuíz por unha vez, e o eremita así o fixo por
non desairalos.
Chegou o día previsto para a celebración do xuízo. A parte demandante expuxo o
seu alegado e o xuíz dixo, tras oíla con moita atención:
- Ten vostede razón, toda a razón.
Despois, coa mesma atención, escoitou o alegado da parte demandada, tras o cal
dixo:
- Ten vostede razón, toda a razón.
Sorprendido e indignado, o escribán dirixiuse ó xuíz e díxolle:
- Señoría, esto é un disparate ¿Cómo é posible que as dúas partes teñan razón?
- Certamente ten vostede razón, señor escribán –respondeu o xuíz- ¿Cómo é
posible que as dúas partes teñan razón?
|