Pagina nueva 2

Conta unha lenda da rexión do Punjab que un ladrón entrou nunha facenda e
roubou duascentas cebolas. Antes de que puidera fuxir, o dono do lugar
capturouno e levouno ante o xuíz.
O maxistrado pronunciou a sentencia: pagar dez moedas de ouro. Pero o home
alegou que era unha multa demasiado alta e o xuíz, entón, resolveu ofrecerlle
outras dúas alternativas: recibir vinte lategazos ou come-las duascentas
cebolas.
O ladrón elixiu come-las duascentas cebolas. Pero cando chegou á vixésimo
quinta, os seus ollos estaban inchados de tanto chorar e o estómago queimábao
como o lume do inferno. Como aínda lle faltaban 175 e decatouse de que non
aguantaría o castigo, pediu para recibi-los vinte lategazos.
O xuíz aceptou. Cando o látego bateu no seu lombo por décima vez, implorou
que parasen de castigalo, porque non soportaba a dor. O pedido foi obedecido,
pero o ladrón tivo que pagar as dez moedas de ouro.
- Se tiveras aceptado a multa, terías evitado come-las cebolas e non terías
sufrido co látego – díxolle o xuíz. - Pero preferiches o camiño máis difícil sen
entender que, cando se fai algo mal, é mellor pagar axiña e esquecer o asunto.
|