Pagina nueva 1

Hai tempo, nun pequeno e afastado pobo, había unha casa
abandoada. Certo día, un canciño buscando refuxio logrou meterse por un furado
dunha das portas. Subiu lentamente as escaleiras de madeira. Ó chegar arriba
atopouse cunha porta entreaberta e meteuse. Para a súa sorpresa, viu alí 1000
canciños máis observándoo tan fixamente como el os observaba a eles. O canciño
comezou a mover o rabo e a levantar as súas orellas. Os 1000 canciños fixeron o
mesmo. Posteriormente sorriu e ladroulle alegremente a un deles. O canciño
quedou sorprendido ó ver que os 1000 canciños tamén lle sorrían e ladraban
alegremente con el! Cando o canciño saíu do cuarto quedou pensando: ¡Qué lugar
tan agradable! Virei máis veces a visitalo.
Tempo despois, outro canciño palleiro entrou ó mesmo sitio e no
mesmo cuarto. Pero a diferencia do primeiro, este canciño ó ver ós outros 1000
canciños do cuarto sentiuse ameazado xa que o estaban mirando dunha maneira
agresiva. Posteriormente empezou a gruñir; obviamente viu como os 1000 canciños
lle gruñían a el. Comezou a ladrarlles ferozmente e os outros 1000 canciños
ladráronlle tamén a el. Cando saíu do cuarto pensou: ¡Que lugar tan horrible é
este! Nunca máis volverei a entrar alí!
Na fronte da devandita dicha casa
atopábase un vello letreiro que dicía: ‘’A casa dos 1000 espellos’’
Varias veces escoitei que tódolos rostros do mundo son
espellos... ¿Como che gustaría enfrontar o mundo?, pensa
qué rostro amosarás e decide
levalo por dentro. As cousas máis fermosas do mundo non
se ven nin se tocan, só se senten co corazón. Antes de ver un arco iris, tes
que ver un pouco de chuvia...
Non es responsable da cara que tes,
es responsable da cara que pos.
|