Había unha vez un verme que tiña un desexo moi grande de chegar
ó cumio dunha montaña, para o que se propuxo camiñar e camiñar co seu paso lento
e harmonioso e con elo, cumprir co seu propósito. Ó pouco tempo de camiñar, un
coelliño que andaba polo bosque preguntoulle:
-
¿A onde vas con tanta presa, verme?
–Vou ao alto da montaña, contestou;
resposta ante a que, o coelliño tan só sorría pensando no difícil da súa ansiada
meta.
Máis adiante, atopouse cun paxariño que respectándoo como comida
preguntoulle tamén:
- ¿Cara a onde te dirixes, lindo vermiño?
-
¡O meu maior anhelo é chegar ó cumio desa fermosa montaña!
- ¡Pero esta moi lonxe, nunca chegarás!
– Chegarei, contestaba moi confiado e seguro de si o verme!
Pasaron os días e cada vez o vermiño camiñaba máis lento, o
cansazo sufocábao, e a montaña aínda parecía estar moi lonxe; os animaliños do
bosque que atopaba no seu camiño, xa non lle preguntaban nada, pois vían a
enormidade do seu esforzo e respectaban a súa perseveranza para lograr o seu
cometido, a súa meta na vida.
O verme tiña una visión e facía todo o esforzo para
lograla.
Unha mañá, despois de moito camiñar, os animaliños do bosque
viron que o vermiño xa non camiñou máis, quedou parado envolto nunha fina tea
que lle servía de mortalla. ¡Dera a súa vida no intento de lograr o seu soño!.
Pasaron os días, e os animaliños do bosque vían diariamente como aquel pequeno
envoltorio dentro do que quedou para sempre o verme, pouco a pouco envellecía.
Sen embargo, unha mañá, de súpeto, este empezou a moverse e a rachar, parecía
como que empezaba a cobrar vida, e de dentro del, empezaron a saír unhas
brillantes e coreadas ás pegadas ó verme, ¡Era una
fermosa bolboreta que en poucos segundos, emprendeu o seu vó cara á montaña!
O vermiño aquel, volvera á vida convertido en bolboreta co firme
propósito de cumprir o seu soño, ¡Conquistar as alturas da montaña!."
Esta pequena historia ten una ensinanza e é responsabilidade de
cada quen descubrila e utilizala como propósito da propia vida. Lograr soños non
é cousa imposible, que os pensamentos que xeramos con toda vehemencia e que e
nacen do más profundo de nos, exercen unha magnífica influencia para a
realización de metas e anhelos da nosa vida exterior e interior. En certa forma,
somos o que pensamos, pois somos os arquitectos do noso propio destino.