TITULARES

Pagina nueva 3

 

Lexislacón pola que o IES de Fene quedou desdobrado en dous centros distintos (IES Fene e CIFP Fene)

 O decreto do sete de setembro de 2006 (DOG) 18 de setembro de 2006 modifica parcialmente o decreto 325/2003 (de 18 de xullo) polo que se autorizan e regulan os centros integrados  de formación profesional na Galiza, establecendo a rede experimental de centros integrados de formación profesional, na relación de centros aparece o CIFP Fene que empeza a funcionar como tal no curso académico 2006-2007 (Baixar ficheiro co texto do decreto)

A orde do 18 de setembro de 2006 (DOG do 19 de setembro de 2006) regula a adscrición do profesorado afectado pola transformación de  IES en centros integrados de formación profesional. Nesta orde aparecen unha relación de IES que se desdobran en IES e CIFP, como é o caso do IES de Fene, ( baixar ficheiro co texto da orde),polo tanto en lugar dun centro haberá dous:

 

-         Un IES, no que se impartirá ESO, Bacharelato  e Educación Secundaria para adultos, tal e como viña facéndose ata agora no IES de Fene e co mesmo profesorado,

 

-         Un Centro Integrado de FP no que se impartirán os mesmos ciclos formativos que se viñan impartindo ata o momento, ademais de outros estudios de formación continua e formación ocupacional, tamén co actual profesorado de ciclos formativos.

 

Estes dous centros estarán ubicados nas actuais edificacións do IES, e estarán en funcionamento a partires do próximo curso 2006-2007. Serán dous centros diferenciados, con espazos propios e independientes, que estarán en plena harmonía entre si, e o óptimo funcionamento de ambolos dous centros será unha prioridade para a actual comunidade educativa. A Consellería pola súa parte fará as obras necesarias para adecuar os espazos actuais ás necesidades dos dous centros e á normativa vixente.



Postais, nadal 2004 / A natureza do escorpión

Perlas na redeEquipo directivoCómo chegar ao IES de FENEPonte en contactoGalería de imaxes do IES de FENEBUSCADOREquipo web