Pagina nueva 1
UNS LEVAN A FAMA ... ...e outros cardan a lá

A escasos anos de ter
concluído a súa carreira, o enxeñeiro suízo Mauricio Koechlin foi
contratado por unha compañía constructora francesa. Desde o principio non se
tivo a menor dúbida de que aquel posto víñalle a Koechlin como anel ó dedo.
Tanto é así que de un día para outro pasou a dirixir, por evidentes méritos
propios, o gabinete de estudios do xefe. Ninguén chegou a poñer en tela de xuízo
esa decisión. Máis ben, a medida que se ía desenvolvendo naquela empresa, íase
comprobando o acerto de terlle confiado aquela responsabilidade. A proba máis
contundente do enxeño daquel home sería o proxecto que emprendería a súa firma
no Campo de Marte de París para realzar a Exposición Centenaria de 1889 con
motivo do centésimo aniversario da revolución francesa. Á famosa construcción de
ferro de 300 metros de altura que quedou alí como froito do seu talento creador,
bautizouna a posteridade, con notoria inxustiza, só co nome do enxeñeiro
propietario da firma constructora, Gustav Eiffel. De modo que ata o día de hoxe
todo o mundo a coñece como a Torre Eiffel.
|