Pagina nueva 1

Dous homes,
seriamente enfermos, ocupaban a mesma habitación no
hospital. A un deles se lle permitía estar sentado unha hora tódalas tardes para
que os pulmóns drenaran os seus fluídos. A súa cama daba á única ventá da
habitación.
O outro tiña
que estar deitado todo o tempo. Os dous falábanse mucho: das súas mulleres e
familiares, das súas casas, traballos, o servicio militar, ónde estiveran de
vacacións.
E tódalas
tardes o home que se podía sentar fronte á ventá, pasaba o tempo describindo ao
seu compañeiro o que vía pola ventá. Este, soamente vivía
para eses momentos onde o seu mundo se expandía por toda a actividade e cor do
mundo exterior.
A ventá daba a
un parque cun bonito lago. Patos e cisnes xogaban na auga mentres os nenos
capitaneaban os seus barcos teledirixidos. Mozos amantes andaban collidos da man
entre flores de cada cor do arco iris. Grandes e vellas árbores embelecían a
paisaxe, e unha fina liña do ceo sobre a cidade podíase ver ao lonxe.
Mentres o home
da ventá describía todo esto con exquisito detalle, o home do outro lado da
habitación pechaba os ollos e imaxinaba a pictórica escena.
Unha cálida
tarde o home da ventá describiu un desfile na rúa. Aínda que o outro home non
podía oír la banda de música- imaxinábaa conforme o outro lle ía narrando todo
con pelos e sinais. Os días e as semanas pasaron.
Unha mañá, a
enfermeira entrou e atopouse o corpo sen vida do home do lado da ventá, que
morrera tranquilamente mentres durmía. Púxose moi triste e chamou ao doutor para
que levaran o corpo. Tan pronto como considerou apropiado, o outro home
preguntou si se podía trasladar ao lado da ventá. A enfermeira aceptou
gustosamente, e despois de asegurarse de que o home estaba cómodo, deixouno so.
Lenta e
dolorosamente, apoiouse sobre un codo para botar a súa primeira ollada pola
ventá. Por fin tería a posibilidade de velo cos seus propios ollos.
Retorceuse
lentamente para mirar fora da ventá que estaba ao lado da cama. Daba a un enorme
muro branco. O home preguntou á enfermeira qué pretendera o finado compañeiro
contándolle aquel marabilloso mundo exterior.
E ela dixo:
- Quizás só
quería animalo.-
|