Pagina nueva 1
Contan que unha
vez reuníronse tódolos sentimentos e cualidades dos seres humanos nun lugar da
terra. Cando o ABURRIMIENTO reclamou por terceira vez, a LOUCURA, coma sempre
tan tola, propúxolles:
¿Vamos a
xogar ás agachadas?
A INTRIGA
ergueu a cella intrigada e a CURIOSIDADE sen poder conterse preguntou:
¿Ás
agachadas? ¿Cómo é iso?
É un
xogo, explicou a
LOUCURA,
no que pecho os ollos e comezo a contar de un a un millón, mentres vostedes se
esconden, e cando remate de contar, o primeiro de vostedes que atope ocupará o
meu lugar para continuar o xogo.
O ENTUSIASMO
danzou seguido pola EUFORIA.
A ALEGRIA deu
tantos saltos que terminou de convencer á DÚBIDA e tamén á APATÍA, que nunca se
interesaba por nada.
Pero non todos
quixeron participar: A VERDADE preferiu non agacharse. ¿Para qué? ¿Se ao final
todos a atopaban? A SOBERBIA opinou que era un xogo moi parvo (no fondo o que
a incomodaba era que a idea non fose súa) e a COBARDIA preferiu non
arriscarse.
Un, dous,
tres, catro - Comezou a contar a
LOUCURA.
A primeira en
agacharse foi a PRESA, que coma sempre caeu detrás da primeira pedra do camiño.
A FE subiu ao
ceo e a ENVEXA agachouse detrás da sombra do TRIUNFO, que co seu propio esforzo
conseguira subir á copa da arbore máis alta.
A XENEROSIDADE case non consegue agacharse, porque cada lugar que atopaba
parecíalle marabilloso para algún dos seus amigos: se era un lago cristalino,
ideal para a BELEZA; se era a copa dunha arbore, perfecto para a TIMIDEZ; se era
o voo dunha pomba, o mellor para a VONTADE; se era una ráfaga de vento,
magnífico para a LIBERDADE. Así acabou agachándose nun raio de sol.
O EGOISMO, polo
contrario, atopou un lugar moi bo dende o principio. Ventilado, cómodo, pero so
para el. A MENTIRA escondeuse no fondo do océano (mentira, en realidade
escondeuse detrás do arco iris) e a PAIXON e o DESEXO, no centro dos
volcáns.
O ESQUECEMENTO, non recordamos onde se agachou, pero eso non é o máis
importante.
Cando a LOCURA
estaba xa polo número 999.999, o AMOR aínda no atopara un lugar para agacharse,
pois todos estaban xa ocupados, ata que atopou unha roseira e, cariñosamente,
decidiu agacharse entre as súas flores.
Un
millón, contou a
LOUCURA
e comezou a
busca.
A primeira en
aparecer foi a PRESA, a penas a tres pasos dunha pedra.
Despois
escoitou á FE discutindo con Deus, sobre zooloxía, no ceo. Sentiu vibrar a
PAIXON e o DESEXO nos volcáns. Nun descoido, atopou á ENVEXA e claro puido
deducir ónde estaba o TRIUNFO.
Ao EGOISMO, non
tivo que buscalo; el só saíu disparado do seu escondite que en realidade era un
niño de avespas. De tanto camiñar sentiu sede e ao achegarse a un lago,
descubriu a BELEZA. A DÚBIDA foi máis doado aínda, pois atopouna sentada sobre
un valado sen decidir de qué lado agocharse.
E así foi
atopando a todos. Ao TALENTO entre a herba fresca, á ANGUSTIA nunha cova escura,
á MENTIRA detrás do arco iris (mentira, estaba no fondo do océano) e
hasta ao ESQUECEMENTO, que esquecera que estaba xogando ás agachadas.
Pero o AMOR non
aparecía por ningures. A LOUCURA buscouno detrás de cada árbore, debaixo de cada
roca do planeta e encima das montañas. Cando estaba a punto de darse por
vencida, atopou unha roseira. Tomou unha variña e con ela comezou a mover as
ramas, cando no mesmo intre escoitouse un berro de dor. As espiñas feriran ao
AMOR nos ollos. A LOUCURA non sabía qué facer para desculparse. Chorou, rezou,
implorou, pediu perdón e ata prometeu ser o seu guía.
Dende entón,
dende que por primeira vez se xogou ás agachadas na Terra:
O AMOR é cego e a LOUCURA sempre o acompaña.
|