A
CASA PEQUENA
Como
ben se sabe, a xente adulta, ou en proceso, mellor é dicilo claro, só pensa en
certas cousas; menos estudiar, calquera cousa, pasalo ben, estar coas rapazas (sobre
todo esto último) e non ter que pensar en estudios, ou traballar, que xa só de
pensalo cansa ¿ou non? (eu póñome nese caso), xa que se hai que axudar,
axúdase, pero non é un gran plan que digamos.
Ben,
vouvos comentar unha "chorrada" duns colegas, imaxinádevos. Estabamos
unha noite dun sábado con dúas rapazas que acababamos de coñecer, non eu só,
por suposto, estaba cun colega; podía estar eu coas dúas, pero non era choio,
¿non credes?, aínda que algún pense o contrario, ¡non hai que ser avaricioso!,
hai que compartir. Non sei cómo, pero ó pasar un pouco tempo estabamos con elas
(liados ou como queirades chamarlle), pero, claro, non podiamos estar sós, nese
momento chegou outro colega (a quen lle marchara a moza) a darnos a lata, e non
se lle ocorre outra cousa que dicirlle ás rapazas que vaian con nós para a casa
pequena (por suposto, nós non é que non quixeramos ir, pero...), claro que eu
dixen que non, pero, sen pensalo, elas
dixeron que non lles importaba; ó final deixámolo para o sábado seguinte, e si
que fomos.
E
non conto nada máis, deixámolo en que pasou, cada un que pense o que lle
pareza, pero que conste que o meu
colega e mais eu somos uns SANTIÑOS, así que imaxinade.
A
casa pequena, que conste, ten camas e de todo.
Dedicado
a uns Flipaíllos
Busy