A dieta en Melide ¿é equilibrada?

 

     Os alumnos de Ciencias Medioambientais e da Saúde de 4º ESO decidimos analizar a dieta que seguen os habitantes de Melide.

 

¿Como o analizamos?

     En primeiro lugar, fixemos una planificación da tarefa decidindo os pasos que iamos seguir.

     Logo continuamos informándonos dun marco teórico, é dicir, do que os expertos saben sobre o tema.

     Desta maneira, seleccionamos as persoas ás que lle iamos face – las enquisas elaborando follas que tiñan que cubrir segundo a comida que inxerisen ó longo dunha semana.

     Segundo os nutricionistas, unha dieta equilibrada é aquela que nos aporta:

-         enerxía suficiente para cubrir o noso GASTO ENERXÉTICO

     DIARIO

-         fibra (para "ir ó baño"), vitaminas e aminoácidos esenciais (nós

non podemos "fabricalos")

-         calorías diversificadas:

n        50-60% de glícidos

n        30% de graxas

n        15 % de proteínas

     Acto seguido, recollémo – los resultados das persoas enquisadas e achámo – los tantos por cento e demais operacións.

     Finalmente, comparámo – los nosos resultados coas recomendacións dos expertos, e chegamos á conclusión de que Melide SE ALIMENTA BASTANTE EQUILIBRADAMENTE.

 

 

Pensamos que isto se debe a que a nosa maneira de alimentarnos é tradicional; verduras, caldos, peixe, carnes, legumes, froita e lácteos.

A isto tamén se lle une que non hai grandes establecementos de comida rápida, lixo, precociñada... Exemplos: McDonals, Pizza Hut, Boccatta, Pans & Company etc.

Algo a ter en conta...

       Para acertar coa nosa alimentación debemos incluír cada día:

a)     froita e verdura fresca

b)    facer, alomenos, catro tomas (bo almorzo, xantar, merenda e cea)

c)     diminuír a inxestión de graxa animal e substituíla por vexetal

d)     procurar que sexa variada, con alimentos de tódolos grupos

 

 

 

Firmado:

 

                 Alumnos de CIENCIAS MEDIOAMBIENTAIS DE 4º ESO