A Gaita

 

  A  gaita  é un instrumento musical de vento formado por un fol e varios tubos.  É o instrumento popular máis enraizado na alma colectiva do pobo galego.

  A orixe da gaita é difícil de coñecer; o que si parece  comprobado é que xa se coñecía no século XII, e ,desde logo, fíxose moi popular a partir do século XIV.

  A gaita galega está composta por un pelexo de coiro de cabra con catro aberturas, por onde encaixan os tubos.

 

  As partes da gaita son:

-         O fol: depósito de aire.

-         O soprete: tubo polo que se introduce o aire no interior do fol.

-         O punteiro: tubo con buracos para introducir os sons.

-         O roncón: é o tubo máis longo, que fai o son baixo continuo.

-         O ronquillo e a ronqueta: outros dous tubos máis pequenos.

 

1.      Soprete.

2.      Punteiro.

3.      Ronquillo.

4.      Ronqueta.

5.      Fol.

6.      Flocos.

7.      Roncón.

 

  Hai outros moitos lugares nos que se utiliza a gaita, como en Asturias, e nos países de Portugal, Irlanda, Escocia, País de Gales, Romanía, Turquía, Hungría, República Checa, Eslovaquia, Ucraína, Escandinavia, Francia, Italia, India,...

  A gaita e maila figura do gaiteiro foron recollidos por diferentes poetas galegos; entre eles Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Ramón Cabanillas,...

 

 

                                                                               María Salgado Vázquez. ESO-1C.