Lingua galega
A lingua galega é unha das máis ricas en matices, por enriba do castelán e do inglés. Nela hai verbas que traspasaron tódalas fronteiras e convertéronse en verbas universais desde o descubrimento de América. Nós dispoñemos dunha verba moi expresiva e moi fecunda en verbas fillas e tamén moi rica en acepcións, segundo as situacións variadas que poden darse.
¿Qué verba é esa?, intúo que xa
a sabedes; digámola con admiración e tenrura: CARALLO
Carallo, cando se di lisa e
claramente, sen énfase e sen intención, significa membro viril.
¡Carallo!, como exclamación,
pode ser de asombro, de admiración ou de asentimento.
As verbas que se din máis a
miúdo son:
Carallazo: Contrariedade, golpe.
Carallada: Esmorga.
Carallear: Andar
de parrandela.
Carallán: Bromista.
Caralludo: Denota
claridade.
Carallón: Denota
cantidade, lonxitude.
Escarallado: Roto, dislocado.
Escaralladiño: esgotamento.
Escarallar: Escachar
e tamén morrer de risa.
Engadimos, agora, unhas cantas
acepcións do noso carallo, dependendo do contexto da fala. O mesmo vale para
agrandar que para agraviar, para dicir que é bo como para o contrario, pode expresar canseira, resignación, risa e unha infinidade de
estados de ánimo:
Resignación: ¡Ai,
que carallo!
Indignación: ¡Que
carallo!
Cachondeo: ¡Bueno,
carallo, bueno!
Desplante: Vai
ao carallo.
Inquisitivo: ¿Que
carallo é?
Contrariedade: Tócache o carallo.
Ofensa: Este
carallo é parvo.
Ameaza: Ven,
carallo, ven.
Negación: Non,
carallo, non.
Xuramento: ¡Me
cago no carallo!
Ira: Me cago no carallo, ¡Carallo!
Gabanza: É
un home de carallo.
Estrañeza: Pero,
¿qué carallo pasa?
Animoso: Dálle,
carallo, dálle.
Caprichoso: Siume
do carallo.
Cualitativo: Non
vale un carallo.
Fatalidade: ¡Ten
carallo a cousa ... !
esgotamento: Xa
estou ata o carallo.
Pillaría: O
caralliño.
Meteoroloxía: Hai
un tempo de carallo, vai un sol de carallo.
Afastado: No
quinto carallo.
Para rematar, e como unha
referencia histórica da universalidade do tempo é e do espacio no que falamos,
velaí a frase:
"Manda carallo na Habana", que dixo o grande mareante Colón cando os Reis Católicos, despois de ver os seus servicios, mandárano o carallo.