AMIGA, QUEREMOS ANIMARTE
Nestes intres que temos libres pensamos
escribir para alguén que onde estea se lembre, coma nós, de Nati. A quen vai
dedicado este artigo; queremos recordarlle que hoxe tamén pensamos nela, en
Maite e en Gorka.
Estamos ó lado da discoteca
“Estudio”, en Lugo, ás cinco e media da tarde para contar a historia máis
bonita e máis triste que nos ocorreu. Nós perdemos unha amiga, Maite.
Morreu hai uns meses nun accidente
de coche cando viña dunha festa de disfraces co seu mozo. O coche saíu da
calzada, deu tres voltas de campá e catro horas e media despois, Maite entrou
nun estado de coma do que saíu para ir ó ceo.
Durante os quince días que
permaneceu no hospital de Santiago, estivemos con ela e agora seguimos
recordándoa. Sentímonos bastante "fodidos" porque son momentos duros
sobre todo para Nati, a pitufa do grupo (a máis pequena).
Maite vivía en Arzúa, tiña vinte e
tantos anos e estudia unha carreira, ademais de traballar nunha tenda.
Formaba parte desas amizades entre
colegas. É moi duro asimilar que xa non está, e para Nati moito máis, porque
Maite e ela eran coma irmás, pasaron todo xuntas ata o último momento, unha a
carón da outra.
A morte dun amigo/a desfai a
calquera e, se un non conta cos demais, encérrase en si mesmo e faise máis
difícil superalo. O silencio non é unha
solución, en pouco tempo perdemos dous
amigos e asegúrovos que é moi difícil non acordarse de Maite e Gorka.
A moitos pareceralles unha parvada
isto, pero ata que non se pasa por algo así, ninguén pode entender como nos
sentimos.
O que escribe agora é Alex. Eu estudiei dous anos no IES melidense,
coñezo ben a xente, e o primeiro día de clase coñecín a unha das mellores
colegas que teño, Nati. Fixemos unha boa amizade que dura xa tres anos, ó igual
que co resto que están aquí. Este artigo non é
algo que divirta ou unha simple historieta, serve para darse conta que
cando o teu amigo se vai debes tirar cara diante, porque unha amizade así
durará toda a vida, aínda que o teu amigo ou amiga xa non estea contigo.
Escrito
e firmado por: Ana, Rocío, Jorge, Álex e David.
Dedicado a Maite, Gorka e a Nati, para que saiba que tamén aquí ten colegas, que axudaremos a que estes momentos "fodidos" pasen pronto e volvamos case á normalidade, sen a túa alma xemela e compañeira da nosa, que estará no ceo, seguro.
Gracias
ó IES de Melide por deixar que todas e todos participemos na revista.