Á MIÑA VACA DANLLE ESPASMOS
Estabamos eu, Pepe de Pelos e mais Pablo debatendo
sobre unha crise mundial: as vacas encelopáticas...jejeje...,a min dáme a risa.
Pero ben, despois dunhas horas de discusión á
que se uniu a presidenta en cargos do departamento de bioloxía molecular
proteicoxenética Conchi,
chegamos ás seguintes conclusións:
a) As vacas son animais herbívoros que comen
vexetais, penso de engorde ou para vacas leiteiras (dende Vo a V4). Pero resulta
que a un tal...,chamémoslle x, déuselle por mete-las sobras da comida no saco
de penso e ¡ala! ,encelopatía esponxiforme.
b) Os políticos non se decatan da pataca, ou
mellor dito da vaca.
c) As vacas de menos de 30 meses non teñen
esa enfermidade, polo que as persoas de menos de 30 meses tampouco. Iso por
regra de tres ou por factores de conversión.
d) Ti carne non comas, iso si, leite todo o
que queiras...(datos sen confirmar).
e) Para suplir as necesidades proteicas que
nos produce a falta de carne de vacún propoñemos:
carne de canguro, potro, avestruz, galiña con
con tifus, rata común ou os dedos dos pés.
f) Por favor, e iso ante todo, non come-la
carne con óso, xa que este ó ser algo duro podería acabar co estómago.
Finalmente podemos concluír mencionando que
este serán iremos á parrillada comer un
bo cacho de carne de toby, que en paz descanse.
Kokemon.1º de vac.A.tola