A miúdo

 

“A menudo abandono lugares con esa extraña sensación de que no hay nada más triste que un recuerdo alegre.”

        Xa pasaron sete meses desde que un deses sabios  que vagan polo mundo me dixo esta frase que desde entón tiven tan presente. Foi xusto nese momento no que comezaba un novo curso co propósito de facer as cousas ben, de tratar de que o meu nome quedara na memoria daqueles que quedaran na miña.

Claro está tamén que moitos  quedarán fixados na miña pola admiración da que foron obxecto pola miña  parte; sen embargo sería hipócrita dicir, deixándome levar pola “nostalxia” do momento, que non existen outros motivos, moito menos eloxiables, para quedarme gravados na  retina..

Probablemente, a todos eles gustaralles saber que de todos , absolutamente de todos , extraín importantes ensinanzas; o que por outra parte non é tan estraño dado que esta se supón a  finalidade do lugar que debo e tal vez necesito abandonar.

 

E como ...“é de ben nacidos ser agradecidos”:

 

Gracias por dous anos no vello e na liberdade .Gracias por outros dous no novo e na  “libertinaxe”.

Gracias por ensinarme que non é  o mesmo a confianza que  a intromisión.

Gracias a el por empuxarme a un abismo no que puiden comprobar que nas súas rudas palabras escóndese  un significado totalmente distinto ó aparente; E, desde a miña  total humildade , debo admitir que aínda gardo a esperanza de que un día comprenda  que non sempre as xeracións dexeneran.

Gracias a ti muller por mover o meu corpo no ximnasio ó compás que espertabas a miña  alma.

Gracias por darme unha filosofía de vida e amosarme outras tantas que rexeito.

Gracias por ensinarme que a miña  historia é o froito doutras moitas historias. Estou segura de que ti sabes que xa formas parte da miña  porque non é posible ser especial sen darse conta.

Gracias ás mentes matemáticas por admitir que as ciencias exactas non existen.

Admitamos as mentes literatas que non ostentamos o monopolio da cultura.

Gracias por defender cunha elegancia sublime que o purismo latino non é o mesmo que o puritanismo dos insensatos e que as distancias cortas entre os gremios  se amosan nas miradas, nas palabras , nos feitos  e non na transformación artificiosa dunha  relación correcta  noutra  que peca de desmesurada.

 

Gracias porque deixamos que a xenética seguira o seu curso; porque ti sabes e eu sei que o sangue nos fixo cómplices. Porque tras ese tempo sen verte (xulga ti a importancia da súa  duración) axiña souben que eras ti.

Gracias por facerme descubrir a túa cálida mirada, mais sinto non ter descifrado ese griterío interior que escondes nun silencio impenetrable. Sinto de verdade non ter tempo para encontrar nas túas comedidas palabras casteláns a verdade absoluta que todos tratamos de ocultar.

Gracias tamén ás vosas xustas palabras galegas porque me ensinaron moito acerca da identidade que cada quen ten coas súas  raíces.

Gracias a todos aqueles mestres de antano que colocaron en min valores que aínda hoxe  constitúen os piares máis sólidos da miña persoa.

Gracias a ti porque repetidamente me demostraches que non es o que pareces senón moito mellor e  porque o espacio que  mereces é moito maior que este.

Gracias ós meus compañeiros de mesa porque uns ensinástesme sen querer que o respecto ós demais é o  máis valioso en anos coma este e porque outros deixástesme ensinarvos  o único que sei, que todos servimos para algo.

Gracias a aqueles que me fixeron saber que é mellor ter poucos pero grandes amigos.

Gracias porque fun capaz de ver noutros o que moitos non ven.

Gracias a ese pequeno gran bedel que timidamente se asoma ás ventás  provocando  o máis tenro sorriso en cada un de nós.

Gracias a aquel por ensinarme que a relixión se leva no corazón e non no “vostede” que lle adicaba.

Gracias a vós que me destes a vida e  me ensinastes que tan importante é o ser como o parecer.

Gracias a eses segundos pais  que esconden nas súas engurras  as grandes verdades.

¡Que ben  recordo aquelo de “ Martiña , non vexas tanta tele” ou “ o mundo xa non é o que era “!.

Gracias ós que non recordo; non é un esquecemento, é só un momento non actualizado..

    

 Adeus a catro paredes nunca esquecidas, adeus ás cousas malas e ás cousas boas. Porque ó final todo pasa pero todo queda. E porque a felicidade non ten lugar sen a tristeza.  Non é un recordo alegre o que teño senón a esperanza de que as cousas que non merecen a pena sempre acaban desaparecendo. Voume sen dicir todo iso que non sei como dicir porque estou segura de que a mellor e a peor palabra sempre é a que queda por dicir. E aínda que sei que “falando enténdese a xente” tamén sei que o silencio conta moitas cousas a quen ten a necesidade de oílas. Voume co corazón cheo de xente  e coa cabeza chea de experiencias que me deron “experiencia”. Voume xunto daquela que un día me abandonou e a  que sempre espero seguir coa admiración que me esperta. Vou  cumprir eses soños de nena. Dígovos adeus coa cabeza moi alta e co ánimo baixo. Adeus ós que aínda quedades ¡ánimo¡ Ata logo ós que vides comigo . E a todos... ATA SEMPRE!!!!!!!

 

                             

                                                 Porque non quero arriscar as pequenas alegrías                                                                   

                                                esperando a eterna felicidade...Carpe diem.

                                                             

                                                                   Marta Varela Pazos.

 

 

 

“As ciencias aplicadas non existen; só as aplicacións da ciencia”.-Pasteur.

“Educade ós nenos e non será necesario castigar ós homes”.-Pitágoras.

“ O éxito é moi fácil de obter; o difícil é merecelo”.-Albert Camus.

“Toma consello no viño, pero decide con auga despois”.-Benjamin Franklin.

“O sabio non di o que sabe, o necio non sabe o que di”.-Proverbio chino.

“Cada neno, ó nacer, tráenos a mensaxe de que Deus aínda non perdeu a confianza nos homes”.-Tagore.

“Os vellos desconfían da xuventude porque eles xa foron xoves”.-Shakespeare.

“Meus pais ensináronme a andar e a falar; o mundo a sentarme tranquilo e manter a boca cerrada”.-´Marcel Pagnol.