A MULLER NO S.XXI: Un longo camiño por diante
O 8 de marzo celebrouse o primeiro Día Internacional da Muller do S. XXI. É evidente que a muller mellorou moito en tódolos aspectos no mundo desenvolvido, aínda que non chegou a alcanzar a total igualdade con respecto ó home, que ocupa máis postos políticos e que cobra máis que a muller; pero o verdadeiro reto para este século é cambiar as vidas de mulleres de zonas do mundo nas que persiste o pensamento da Idade Media respecto a elas.
UNHA
MERCANCÍA
En países coma a India, Nepal ou Filipinas, miles de nenas son compradas e vendidas cada día. O destino da maioría é un bordel onde son golpeadas e ameazadas para que “traballen” a cambio de comida. Moitas engancharanse na droga e colleran a SIDA.
As
máis “afortunadas” serán vendidas para atender nunha casa, servindo, onde
traballarán entre 18 e 20 horas sen ningún pago e aguantando malleiras e abusos
sexuais por parte do amo da casa que a “acolle”.
O
“HONOR”
Este tema é outro dos motivos polos que as mulleres sofren en moitas rexións do planeta. O ano pasado, só en Pakistán, máis de mil mulleres foron asasinadas polos seus parentes que as acusaban de deshonrar á familia. En países musulmáns estas prácticas son habituais e os agresores son levemente castigados e as súas accións soen ser apoiadas polo pobo.
UNHA
CRUEL TRADICIÓN
Outro
terrible drama ó que se enfrontan aínda as mulleres é a mutilación xenital, que
se segue a practicar en máis de 40 países. As “operacións” son realizadas por
anciáns sen coñecementos médicos e sen ningún sistema de esterilización,
chegando a intervir con cristais ou tapas de latas.
As
organizacións internacionais loitan contra isto educando ás mulleres para que
se neguen a isto, xa que a prohibición pola vía legal non fai efecto; os países
afectados consideran a prohibición da práctica coma un ataque contra os seus
costumes e tradicións.
DATOS
- Dos 1.300 millóns de pobres que hai no mundo, a maioría son mulleres. Só nas zonas rurais máis de 550 millóns de mulleres vive por debaixo da pobreza.
-
Cada ano, máis de 2 millóns de nenas son
mutiladas sexualmente.
-
As dúas terceiras partes dos 1.000 millóns de
adultos analfabetos de todo o mundo son mulleres.
-
En África a muller representa máis do 60 % da
man de obra agrícola.
-
En todo o mundo é maior o desemprego
feminino.
-
O ano pasado miles de mulleres foron
maltratadas en todo o mundo, moitas delas morreron.
A
muller no século pasado conseguiu moitas cousas: o dereito ó voto, a apertura ó
mundo laboral e político... pero queda moito por facer. Un longo camiño cheo de
obstáculos que algún día poden chegar a ser só un mal recordo na sociedade
feminina.