A orixe das mitoloxías.
Parece
lóxico que uns homes que viven baixo un ceo brillante, rodeados de mar e
montañas se preguntaran hai xa miles de anos acerca da orixe de canto ven ó seu
arredor, comezando polos grandes fenómenos que, de forma natural, condicionaban
a súa vida, e que, en definitiva, se formulasen unha pregunta básica ¿como
empezou todo?
Segundo
conta HESIODO, nun principio só existía o caos, abismo sen fondo, espacio
aberto sumido na escuridade. Dalgún modo, que non se relata, del naceron XEA (a
terra); o TÁRTARO (sombrío lugar nas profundidades); EROS (o amor); ÉREBO, vasta extensión das tebras; e a Noite. Da
unión destes últimos naceron o ÉTER (parte superior da atmosfera) e o DÍA.
Foron numerosos os intentos de identificar algúns mitos con diversos sucesos
históricos ocorridos en Grecia, e como resultado unha posible cronoloxía da
mitoloxía clásica. O procedemento máis fiable é o subministrado pola
arqueoloxía, a través da cal se puido determinar o momento da Guerra de Troia,
cantado por Homero na “Ilíada”. Sucedeu segundo os datos arqueolóxicos a finais
do século XII a.C.
Como
na Guerra de Troia interveñen heroes da mitoloxía e da tradición literaria, a
data da caída de Troia (ano 1184 A.C.) é a clave para establecer unha
cronoloxía dos mitos.
Rocío
Gosenje Mato. Cou A