A PEDRA DO HEMISFERIO NORTE
Hai anos, moitos, cando meu bisavó aínda era un rapaz, existía un sitio onde a primeira guerra mundial non chegara: “O Hemisferio Norte”, chamado así porque no 36ªC situábase alí a capital de toda a parte Norte menos América, aínda non coñecida. Alí, no Hemisferio Norte había unha pedra, unha pedra que cambiaba de cor. Todos se erguían para asexar a cor coa que os deleitaría a pedra. Co tempo, xente de todo o mundo dedicouse a facer peregrinacións para observar a pedra, pero pasou unha cousa, a xente que anteriormente a vira, xa non volvía, ata que un día ninguén se acercou a olla-la pedra.
Cando dentro duns meses un veciño se acercou a vela, a pedra xa non estaba, entón este optou por chamar ós demais habitantes do Hemisferio Norte e , tras convocar unha reunión e comentar se a pedra sería roubada por un veciño ou qué pasara, as discusións comezaron a xurdir, e pouco a pouco a cidade viuse envolta na guerra, na segunda guerra mundial, e sen a pedra, a cidade perdeu a importancia e pasou a chamarse “O Exilio”, e a xente deixou de vivir alí.
Se queres algo con tódalas túas forzas, non o deixes, demóstralle que
o queres.